Desta volta en Galicia Móvese, e cumprindo coa nosa misión como plataforma cultural, facémonos eco do debut discográfico de Martín Maez, cantante e tamén actor redondelán que nos fai chegar este o seu primeiro traballo, un EP que leva por título‘Secretos perdidos’.

Os cinco temas do disco están compostos por el mesmo e van na liña dun pop melódico clásico, sen complexos, fresco e pegadizo, con letras que falan de amor e desamor cun punto naive, no mellor sentido do termo. A coidada produción corre a cargo de Paul de Ville (ex membro de La Quinta Estación) e RGM Music.

Podes escoitar o disco completo no seu bandcamp, e tamén podes visitar a súa páxina web se queres máis información sobre a súa traxectoria. Bótalle unha ollada ao vídeo clip de‘Como tú’, un dos temas do EP:

Fuente: Galicia Móvese